Baixo a cúpula

 

Under the DomeA seguinte novela do mestre do terror Stephen King, un thriller sobrenatural que levará por título Under the Dome, xa apunta directamente ás pantallas de televisión e podería converter-se nunha minisérie antes do pensado.

A DreamWorks TV ven de se facer cos dereitos sobre o libro  e planea converte-lo nunha minisérie que se seguirá a través dalgunha canle por cable. Os guionistas xa están a manter xuntanzas cos estudos para ver o mellor xeito de enfocar esta tarefa.

O argumento da novela é un drama que se desenvolve ao redor dunha pequena vila de vacacións en Maine, onde un campo de forza invisíbel descende sobre a mesma deixándo-a atrapada dentro. E mentres os habitantes da vila loitan por sobrevivir, comezan a xurdir faccións rivais lideradas pro persoaxes enigmáticos.

King, Steven Spielberg, Stacey Snider, Darryl Frank e Justin Falvey serán os produtores executivos.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário