Inicio » Cinema »

Fessenden fóra do Orfanato

 

O OrfanatoO produtor Larry Fessenden ven de abandoar a cadeira de director do remake americano do thriller sobrenatural español de 2007 O Orfanato (The Orphanage).

Fessenden, que leva vencellado ao posto de director dende o pasado mes de agosto, traballo na versión en inglés do guión do remake xunto co produtor Guillermo del Toro no que segundo dixo, foi unha experiéncia moi emocionante.

Daquela, o qué é o que aconteceu? Pois que seica existe unha grande liorta ao redor do reparto do filme, que non acaba de se resolver. Fessenden dixo que «coido que van face-lo doutro xeito, enrealidade. Así que coido que estou fóra disto. Con sorte, usarán o meu guión, pero non estou seguro de que siga sendo o director«.

En todo caso, o proxecto fica moi tocado e xa non é seguro que se continúe adiante. Para Fessenden haberá outros proxectos, ainda que admitiu que unha vez que estivo vencellado a este importante, agora vai ser algo máis cauteloso á hora de escoller o seguinte.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário