Inicio » Cinema »

El Mechri dirixe Insiders

 

InsidersA actriz Jessica Alba (Os 4 fantásticos) será a protagonista da adaptación ao cinema do cómic Insiders, unha série de novelas gráficas belgas publicadas pola editorial Dargaud. Segundo din, foi a mesma Alba a que puxo cartos de seu para mercar os dereitos para o cinema, todo cunha axudiña do seu amigo o director texano Robert Rodriguez, quen oarticipará no proxecto como produtor.

A novidade é que ven de se saber que o director franco alxerián Mabrouk El Mechri, que se fixo cun nome a nivela internacional grazas ao éxito do seu filme JCVD o ano pasado, será o encargado de realizar este filme, do que ainda non se coñece data de comezo da rodaxe, se ben cóida-se que será axiña.

Insiders, un cómic creado en 2002, céntra-se no persoaxe de Najah Cruz, unha rapaza colombiana tan letal coma fermosa, experta en armas e en combate persoal ao xeito de James Bond. Seguindo ordes da Casa Branca, infíltra-se nunha organización mafiosa internacional composta por homes de negócios e políticos e convérte-se no gardacostas do líder da banda.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário