Inicio » Libros »

Natalia Corbillón, Prémio Mallorca Fantástica

 

Natalia Corbillón, entrevistada nunha tele de YoutubeA escritora ourensana Natalia Corbillón foi a gañadora do Prémio de Narrativa Mallorca Fantástica grazas ao seu conto El amante fiel.

A história vencedora, coma o resto da súa obra, fuxe da clásica temática fantástica de fadas e elfos e procura un maior realismo. O conto, que podedes ler nesta páxina Web (ollo, contido magufo!) retrata a un antigo empregado de prelo que segue adicando a sua vida aos libros. O protagonista escrebe até se converter nunha estátua, controlado polos libros como nunha adición.

En Mallorca, onde estivo tres días presentando o seu libro reeditado en outubro Los Hijos de Gea, Natalia atopou-se «cun festival de ciéncia ficción e terror incríbel que xira sobre todo ao redor do cinema, o ano pasado acudiu Vicente Aranda e nesta edición, Álex de la Iglesia«, segundo relatou a própia Corbillón, quen dispón dun blog de seu onde dá a coñecer as novidades verbo das súas novelas.

Con 25 anos e estudante de Deseño Industrial, Corbillón traballa agora nunha triloxia a partir de Los hijos de Gea. En algún lugar de Orión, un libro que conta coas ilustracións do artista esloveno Urban Breznik. A triloxía utilizará como argumento o clásico mito de Orión e o Escorpión: «A sua loita de inimigos, coa intervención da deusa Xea, o orgullo dos gregos e as suas terríbeis vinganzas«. A acción de Los hijos de Gea transcurre en diversos lugares do planeta da nosa actualidade, ainda que os seus persoaxes actúan movidos por raíces da mitoloxía grega. É unha maneira diferente de ver a fantasía e unha maneira diferente de ver a ciéncia-ficción, unha ponte a cabalo entre o exótico dos mundos pasados e a realidade actual.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário