Inicio » Cinema »

Lobishome para maiores

 

The WolfmanApós de moitas voltas ao plató de rodaxe, reedicións, trocos de membros vitais do equipo e moitas versións presentadas a públicos de proba, a nova película da Universal sobre lobishomes, The Wolfman, por fin ven de anunciar o resultado do seu proceso de calificación perante a MPAA(o organismo que nos EstadosUnidos controla a calificación moral das películas no cinema).

O resultado foi unha calificación de «R», o que sinifica que contén terror sanguento, violéncia e gore. A Universl, lonxe de se avergoñar delo coma até agora sempre fixera, ven de anuncia-lo coma promoción e amosándo-se orgullosa.

Até o último intre houbo rumores de que a calificación podería ficar nun PG-13 (ou sexa, para maiores de 13 anos) e que finalmente os estudos se inclinaron por presentar perante a MPAA unha versión mais escura e violenta, todo elo despois de várias sesións con públicos de proba e após de ver a súa reacción.

O filme The Wolfman estreará-se o vindeiro 12 de febreiro.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário