Inicio » Cinema »

Anxos emo na Disney

 

FallenA Disney Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema da saga de catro novelas para adolescentes de Lauren Kate Fallen.

A história, ambientada na actualidade, céntra-se nunha rapaza solitária que debe decidir entregar o seu amor a un de dous rapaces carismáticos, sen saber que ambos os dous son anxos caídos que levan séculos loitando por ela.

Agora que as histórias de vampiros e de lobishomes están a saturar o mercado da fantasía adolescente grazas a Twilight e os seus moitos clons, a ideia de incluir a anxos emos inmortais semella ser o mais novidoso que podemos agardar.

Mark Ciardi e Gordon Gray serán os produtores.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário