Dúas secuelas de Avatar

13 de Decembro de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema

AvatarNo decurso dunha rolda de prensa en Londres onde presentou o seu novo filme Avatar, que foi recebido con grandes aplaudos pola crítica, James Cameron confirmou que a longametraxe mais cara da história do cinema ten xa duas potencias secuelas que poderían estar xa en desenvolvemento.

E como é posíbel considerando o custe? Ainda que os dados oficiais falan de 300 millóns de dólares, outras fontes afirman que o orzamento podería ter-se dispardo até os 500 millóns, o que fai mais ca difícil obter un benefício. Unha aposta moi arriscada en calquera caso. Neste caso, reducir custes é case imposíbel, ainda que a tecnoloxía coa que se rodou o filme (paisaxes e actores xerados por computador principalmente) é cada vez mais barata, o que podería axudar a producir longametraxessemellantes no futuro.

Falando de como se tomaron os estudos o tema do orzamento, Cameron dixo que “en termos de mercado foi: OK, gastaches unha chea de cartos na primeira; na segunda poderemos amortiza-lo e enfocarémo-nos na história e todo iso… e aceptaron“. E engadiu que xa está a traballar na história para un segundo e terceiro filmes. A Fox, pola súa banda, dixo que ainda que a propiedade ten claramente potencial para unha secuela, osestudos ainda non van confirmar ningún plan para mais entregas.

Tamén falamos de...

Fai clic no botón de abaixo para facer unha doazón. Moitas grazas!

PayPal

Comentários

Comentários pechados.