Inicio » Cinema »

As máquinas mortais

 

O director de O Señor dos Anéis e da recente The Lovely Bones, Peter Jackson, podería estar traballando en segredo nunha adaptación para o cinema de Mortal Engines, o premiado primeiro libro da saga de catro novelas de ciéncia-ficción escritas por Philip Reeve.

A história está ambientada nun mundo post-apocalíptico onde as cidades se converteron en vehículos xigantes que deben consumir-se unhas ás outras para poder sobreviviren. A Weta Workshops podería estar xa traballando nos deseños destas macrocidades ou vehículos xigantescos.

Preguntado sobre a cuestión, un voceiro de Jackson non quixo negar a veracidade do rumor, pero dixo que «calquera comentário deberá saír da boca de Peter«. O único que semella claro é que Jackson ten os dereitos para a novela pero por tempo limitado. De non ser el o que faga a versión para o cinema, será outro dentro duns anos.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário