Inicio » Cinema »

Mendes dirixirá a 007?

 

Todo semella indicar que o director inglés Sam Mendes (Revolutionary Road, Jarhead) está en negociacións para se encargar da realizacion da 23ª entrega da saga de James Bond.

Mália que nun primeiro intre anunciara-se que podería haber un adiamento nesta franquía por mor dos problemas financeiros da MGM, que está á venda, seica os plans para este filme seguen adiante e mesmo podería escomezar-se a rodaxe a mediados de verán. A Metro ainda non confirmou ren de todo isto.

En declaracións anteriores, o produtor Michael Wilson revelara á prensa que «a nosa axenda está un pouco no aire coa situación da Metro Goldwyn Mayer, así que temos que ser flexíbeis. Simplemente non sabemos abondo sobre a situación para poder comenta-la, pero sabemos que é incerta«.

As novas chegan pouco despois dos comentários escoitados ao guionista Peter Morgan, que está a traballar no guión deste filme, e que indicou que o atraso era inevitábel. A MGM espera que lle comecen a chegar as primeiras ofertas de compra nas vindeiras semanas.

A principal preocupación é que se regrese ao problema legal que en 1989 rematou con seis anos de pausa na saga, e que impediu rodar mais filmes desta franquía até que regresou en 1995 con Goldeneye e cun novo James Bond, Pierce Brosnan.

O que si que é oficial é que os guionistas habituais de Bond Neal Purvis e Robert Wade volverán a se encargar do libreto, xunto ao autor de Frost/Nixon, Peter Morgan. Coma sempre, Michael Wilson e Barbara Broccoli serán os produtores, mentres que Daniel Craig repetirá o seu papel como axente 007. Craig e Mendes xa traballaran anteriormente xuntos no filme de 2002 Camiño á Perdición.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

, ,

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário