Os católicos contra Avatar
A pasada fin de semana Avatar estreou-se en Itália. O polémico país transalpino, governado dende hai anos pola estrema dereita, foi úndos últimos aos que chegou o filme de James Cameron, que está a bater récord tras récord. Pero iso non lle impediu ser vítima das críticas dos católicos que mandan no país.
Ainda que a súa temática non é relixiosa nin ten ren que ver, coma outras fitas que no pasado xa ergueran as críticas do Vaticano e mais dos seus seguidores, coma O Código Da Vinci e mais a sua secuela, Anxos e Demos, A paixón de Cristo, de Mel Gibson ou hai xa anos A derradeira tentación de Cristo de Martin Scorsese, os médios vaticanos foron bastante duros con Avatar.
L’Osservatore Romano, o xornal voceiro do Vaticano, criticou a pouca orixinalidade da superprodución en 3D de Cameron, que contrasta coa sua revolucionária tecnoloxía. Así, califica a película coma «unha superficial parábola anti-imperialista e antimilitarista que non ten verdadeiras emoción humanas«. A publicación láia-se de que o «impacto visual» de Pandora e mais as critaturas creadas por Cameron non veña acompañado dunha história innovadora senón «blanda» e convencional e de que non sexa «séria«.
Asemade, Rádio Vaticano, a emisora oficial do Papa de Roma, foi moito máis dura coas súas críticas, acusando a Avatar de lle facer unha chiscadela ás «pseudo-doutriñas que fixeron da ecoloxía a relixión do milénio«. E coma adoita ser habitual entre os que confían na máxia e nos poderes adiviñatórios, a rádio non deixou de pasar a oportunidade de facer un prognóstico, afirmando que Avatar «non pasará á história do cinema«.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.