Inicio » Cinema »

Downey sen Áliens e Cowboys

 

Robert Downey Jr. ven de ficar fóra do western de ciéncia-ficción Cowboys and Aliens. El e mais o director de Iron Man (do que Downey tamén é protagonista) ían reunir-se unha vez mais nesta adaptación do cómic á pantalla grande que xira ao redor dunha vila de Arizona no século XIX que é conquistada e escravizada polos áliens, até que un grupo de índios e vaqueiros axuntan as súas forzas para combater aos extraterrestres.

Agora e ainda que Jon Favreau está aínda á fronte do proxecto, Downey xa non e iso obriga á DreamWorks a procurar outro protagonista. A principal razón da marcha do actor é segundo indicaron fontes dos estudos, a incompatibilidade nas axendas dado que Downey está vencellado a unha secuela de Sherlock Holmes que podería escomezar a se rodar este mesmo ano.

Pola súa banda, a DreamWorks Pictures, a Universal Pictues e mais a Platinum Studios xa están á procura dun sustituto e todo semella indicar que este podería ser o protagonista de James Bond, o actor Daniel Craig.

Craig faría así o papel de Zeke Jackson, para o que xa se están a preparar algunhas modificacións no guión de Alex Kurtzman e Roberto Orci (Transformers, Star Trek).

Ron Howard, Brian Grazer, Steven Spielberg e Scott Rosenberg son os produtores deste filme, que comezará a se rodar este ano e que ten prevista a súa estrea para o verán de 2011.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário