Inicio » Cinema »

Os Nolan falan de Inception

 

O director de O Cabaleiro Escuro, Christopher Nolan, ven de falar por fin sobre o seu vindeiro filme, que será o thriller Inception, concedendo a súa primeira entrevista dende hai moito tempo e NOVAFANTASIA tivo acceso a parte da mesma.

O filme será segundo Nolan, o seu meirande desafío xamáis enfrontado: «Imos tentar contar unha história nunha escala masiva, a unha escala de auténtico éxito de despacho de billetes, o mais grande no que xamais estiven vencellado. Tentamos facer un filme de escala moi grande con O Cabaleiro Escuro, e con este quixemos ir ainda mais lonxe«.

A história conterá moitísimos subargumentos: «Medrei mirando os filmes de James Bond e gostando deles e mirando filmes de espías coa súa sensibilidade de trotamundos… Quixemos facer iso aquí, non só xeográficamente senón tamén co tempo a as dimensións da realidade tamén. Fixemos unha película que é expansiva. Supoño que podes dicir que é en catro dimensións«.

Emma Thomas, a muller de Nolan e produtora do filme, dixo que a longametraxe é algo do que levan falando dende hai sete ou oito anos, e que o tamaño do proxecto foi meramente incidental. «Ao saír de O Cabaleiro Escuro, a única cousa que sabíamos realmente é que queríamos facer algo moi persoal. Semellaba que este era o intre axeitado para elo. O feito de que sexa realmente un filme enorme… iso nin sequera foi un factor na decisión. Esta história présta-se a un filme deste tamaño«, dixo Thomas.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário