Inicio » Cinema »

Mark Strong é Sinestro

 

O director de Lanterna Verde, Martin Campbell, ven de desbotar axiña os rumores que apuntaban cara a Jackie Earle Haley como primeiro na listaxe de candidatos a interpretar o persoaxe do maléfico Sinestro na vindeira adaptación do cómic á pantalla grande.

«Non, iso é totalmente falso«, dixo Campbell, quen confirmou que Mark Strong (Sherlock Holmes, Body of Lies) está xa en conversas para se facer co cobizado papel. En declaracións á MTV News dixo que «non só é un marabilloso actor, senón que realmente é coma Sinestro. Se mirades as vellas imaxes de Sinestro, son cuspidiños. Sobre o de Jackie Earle Haley, alguén mo dixo esta mañán: eu nunca oíra falar diso na miña vida«.

E respeito doutros persoaxes do cómic que aparecerán na película, Campbell dixo: «Kilowog estará. Tomar-Re está… Abin Sur está. Toda a xente orixinal«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário