Inicio » Cinema »

Lucas, emocionado coa 3D

 

George Lucas ven de revelar que co recente éxito de Avatar, os seus filmes da saga da Guerra das Galáxias gañarán unha actualización e un relanzamento en 3D moi probábelmente.

Preguntado sobre Avatar no decurso da recente gala de entrega dos prémios Globos de Ouro, Lucas dixo «Gostou-me. Eu fago filmes coma ese, así que podo aprezar polo que James Cameron tivo que pasar para acada-lo. Estou contento de que teña tanto éxito e d eque funcionara tan ben en 3D. Non fun un grand efan do 3D, pero ese filme definitivamente mellora o eido das tres dimensións«.

Lucas admitiu que xa estiveron a traballar na posibilidade de converter a Guerra das Galáxias ao formato 3D: «levamos anos e anos e anos tentando pasar a Guerra das galáxias a 3D. Pero a tecnoloxía non estaba aí. Estivemos loitando contra iso, pero coido que este é un novo impulso para que facer que aconteza«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário