Zac Efron está en Fire

28 de Xaneiro de 2010 por Editor  
Arquivado como Cinema

Zac Efron podería ser o protagonista da vindeira adaptación ao cinema da novela gráfica de Brian Michael Bendis Fire para a Universal Pictures.

Efron interpretará a un estudante universitário que é recrutado pola CIA e descubre que foi adestrado para un programa que crea axentes prescindíbeis.

Bendis escribirá o guión para o filme. Neil Moritz e David Engel producirán mentres que Efron e Jason Barrett serán os produtores executivos.

Efron ten ademáis outro proxecto en marcha, este xa asinado, e do que o único que se sabe polo de agora é que será semellante a Regreso ao Futuro, na Warner Bros. Pictures, que conta cun guión de Tim Calpin e Kevin Jakubowski, e que será dirixido por Nick Stoller co título de Algorithm.

Tamén falamos de...

  • Non hai ren relacionado

Fai clic no botón de abaixo para facer unha doazón. Moitas grazas!

PayPal

Comentários

Comentários pechados.