Inicio » Relatos »

O Gondoleiro

 

A negra proa da miña góndola corta suavemente as calmadas augas dos canais. A lustrosa embarcación serviume ben durante moitos anos, levando aos pasaxeiros a través dos canais da cidade baixo as mans dirixentes das xeracións dos meus antepasados.

O sol ocultábase sobre a antiga cidade, tornando as augas nunha cinta negra estendida entre os edificios de pedra arenisca. Respirei fondo a fresca airexa do serán.

Haberá algún sitio máis fermoso que esta marabillosa cidade de canais? Mentres a barca entraba coidadosamente na súa amarradoira, parei a contemplar con satisfación cómo se escurecían os ceos de Marte.

Fin

(Tradución de Ana Xaubet)

 


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
O Gondoleiro  

Etiquetas

Novas relacionadas

O autor

Gareth D Jones

Gareth D Jones é do Reino Unido. Os seus contos apareceron xa en mais de corenta publicacións e vinte línguas. Ademáis escribe ensaios e bebe moito té.

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário