Inicio » Cinema »

Lobishome Adolescente

 

Russell Mulcahy (Razorback, Resident Evil: Extinction) dirixirá o episódio piloto dunha nova série de televisión que suporá o relanzamento do clásico filme de 1985 Teen Wolf na MTV.

O creador de Criminal Minds, Jeff Davis, foi quen escribiu o guión deste episódio, que se centrará en Scott McCall (Tyler Posey), un atoleirado estudante de secundária que acada unha série de novos poderes, incluindo o de atraer ás rapazas, após de ser atacado por un lobo. Tyler Hoechlin, Crystal Reed e Dylan O’Brien son os outros protagonistas.

O tón do telefilme será posíbelmente mais dramático có filme orixinal, que era unha comédia protagonizada por Michael J. Fox, e incluirá elementos de comédia de compañeiros. A rodaxe está xa en marcha en Georgia (Estados Unidos).


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

, , ,

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário