Inicio » Cinema »

Da Web ao cinema

 

Se até agora víramos cómics convertidos en películas, telefilmes pasados ao cinema, libros que dan o chimpo á pantalla grande… fallaba que un sítio web tivera esa mesma oportunidade. E Musunahi, un sítio Web tamén coñecido coma o Museu da História Sobrenatural, vai converter-se nunha longametraxe grazas á Dreamworks Pictures.

A história vai-se centrar no encargado dun museu que é en realidade unha organización secreta que ten como obxectivo protexer e gardar os segredos mais grandes do mundo. Os estudos queren atopar dous escritores que transformen esta ideia nun guión.

O sítio web ten un tón mais ben humorístico, se ben non falla quen o tome todo coma feitos reais, e defíne-se a si mesmo coma «o National Geographic do mundo paranormal«, segundo o seu creador Ernest Lupinacci.

Walter Parkes e Laurie MacDonald serán os produtores desta adaptación ao cinema.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

Novas relacionadas

  • No Related Posts
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário