Inicio » Cinema »

O burato vai espertando

 

Ainda que a vindeira Tron: Legacy sexa mais unha secuela ca un relanzamento do filme orixinal dos anos 80, o director Joseph Kosinski ven de revelar á prensa que a súa nova versión do filme de 1979 O Burato Negro si que será definitivamente un relanzamento.

«Non será unha secuela coma Tron. Esta vai ser unha reimaxinación. Para min, sería coller ideias e elemtnos icónicos que me impresionaron tan intemporais e tan guais e preserva-los mentres lanzo unha nova história ao redor delos que é mais axeitada para os anos 10«, dixo Kosinski, quen será o realizador da nova película que «abrazará o concepto dun xeito científico estrito«.

O filme está ainda no caixón agardando a súa aprobación, mentres que Kosinski e mais o seu guionista Travis Beacham teñen previsto escomezar o traballo nos vindeiros meses.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário