Inicio » Cinema »

Haythe adaptará ao Lone Ranger

 

Justin Haythe (Revolutionary Road) está en negociacións para escribir o guión da adaptación ao cinema da clásica série da rádio, o cómic e a televisión do Vello Oeste The Lone Ranger para a Disney Pictures.

A história, que en España titulou-se El llanero solitário e que xamais foi emitida cun título de seu en galego, vai sobre un ranger de Texas enmascarado no Vello Oeste que loita contra a inxustiza coa axuda do seu cabalo Silver e mais o seu amigo índio Tonto. Johnny Depp xa está contratado para facer o papel de Tonto, pero o papel do Ranger ainda non ten dono e tampouco hai ningún director vencellado a este proxecto (o ano pasado xurdira o rumor de que George Clooney podería protagoniza-lo e que Mike Newell sería o director).

Jerry Bruckheimer é o produtor. Os guionistas Ted Elliott e Terry Rossio (Piratas do Caribe) foron os anteriores encargados do libreto. Entre os traballos anteriores de Haythe está o da recente 20.000 légoas de viaxe submariña que se ía rodar na Disney pero que se veu abaixo cando mudou o seu director executivo recentemente.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário