Inicio » Libros »

A novela de Avatar

 

O produtor de Avatar Jon Landau ven de revelar nunha recente entrevista na televisión que o director James Cameron ven de escomezar a escribir unha novela que será unha precuela do seu filme de ciéncia-ficción épico e que podería aparecer a finais deste ano.

Landau dixo especificamente que esta non será unha novelización da história xa coñecida no cinema e que «Jim quere escribir unha novela que é unha história grande, épica, que encha moitas cousas«.

Así que o que é o que podemos agardar? «Sería algo que levaría a narrar a história do filme, pero iría moito mais aló sobre todas as histórias sore as que non tivemos tempo de entrar, coma o coléxio e o persoaxe de Sigourney Weaver ensinando nese coléxio; Jake na Terra e a súa história anterior e como chegou aquí, a morte de Tommy, o irmán de Jake; e o coronel Quaritch, como é que rematou alí e todo iso«, dixo Landau.

Landau engadiu que algunhas das escenas de Avatar que remataron curtadas poderían resucitar xa sexa para o libro ou para outros tipos de publicación (coma cómics): «Podería haber oportunidades noutros médios para narrar o trasfondo, contar algunhas das histórias da guerra na Terra, o que foi da vida de Jake antes do filme. Teríamos todo iso preparadado para cando haxa que contar a história do que aconteceu en Pandora moitos anos despois de que a nosa película rematara«.

Landau tamén revelou que Cameron mantivo conversas con Marc Webb, o director do vindeiro relanzamento de Spiderman para a Sony Pictures, para discutir a posibilidade de face-lo en 3D. Landau dixo que «queremos axudar todo o que sexa posíbel«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário