Inicio » Cinema »

Bayer: non mais Elm Street

 

Samuel Bayer, o director do vindeiro remake de Pesadelo en Elm Street, revelou recentemente que non ten maior interese en regresar para facer unha secuela do devandito filme, se é que se deciden a face-la.

«Non estarei vencellado a unha secuela… non quero que a miña seguinte película sexa unha de terror… coido que vou mover-me e deixar paso a alguén que poida facer-se cargo da seguinte, e será estupendo«, dixo na entrevista.

O seu seguinte proxecto de feito podería ser a adaptación ao cinema da novela gráfica de Garth Ennis The Boys, actualmente en desenvolvemento na Sony Pictures. O cómic vai sobre unhaequipa de operación especiais secreta cuxa misión é destruir aos superheroes que están fóra de control.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário