Inicio » Cinema »

Ford fala de Indy 5

 

Harrison Ford ven de revelar que el, Steven Spielberg e mais George Lucas xa teñen «o xérmolo dunha ideia» para a quinta entrega da saga de Indiana Jones.

O actor dixo nunha entrevista á BBC que «xa veremos o que sae dela…O proceso funciona así, chegamos a algún acordo básico e logo George marcha por un longo tempo para traballar nel. Despois Steven e mais eu poñemo-lo en forma [de guión], unha forma embriónica. Logo se nos gusta comezamos a traballar con George sobre el e nalgún momento posterior está listo e facémo-lo«.

Isto sinifica que mesmo que se chegan a un acordo sobre o primeiro esbozo de guión de Lucas, ainda nos quedan moitos anos para que o filme se faga totalmente. E mália as malas críticas colleitadas, a cuarta entrega de Indiana Jones, o Reino da Caveira de Cristal, fixo-se con nada menos ca 800 millóns de dólares no despacho de billetes.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário