A moza de Conan
Rachel Nichols (G.I. Joe: The Rise of Cobra, Alias) será Tamara, a namorada de Conan na vindeira longametraxe que sobre o musculoso persoaxe dirixirá Marcus Nispel para a Lionsgate.
O persoaxe de Tamara é unha novícia nun mosteiro con influenzas gregas e será a serva da raíña, a súa gardacostas e millor amiga. Cando sexa separada da raíña, a rapaza, que está adestrada en artes marciais, deberá unir-se a Conan (Jason Momoa) para seguir as pegadas do malvado Khalar Singh (Stephen Lang) antes de que mate á raíña e se volva inmortal.
Mickey Rourke, Bob Sapp e Leo Howard tamén terán papeis importantes neste filme, cuxa rodaxe debe escomezar axiña.












2 Comentários
Van foder unha peli de culto…
A verdade é que o Jason Momoa non che dá o mellor tipo para facer do hipermusculado Conan. Vai ser coma o irmán sifilítico de Conan.