Inicio » Fans »

Reparto dos Razzies 2010

 

Este ano o cinema fantástico estaba no lado bó da balanza e non había moitos riscos de que os Razzie, os prémios coñecidos coma os «anti-Oscar» porque prémian aos piores do cinema do ano pasado, se enseñaran demasiado co cinema de xénero.

Ainda así, a pior parada na gala celebrada hoxe, coma sempre na véspera da entrega dos Oscar, foi a fita Transformers: Revenge of the Fallen, que levou os títulos de pior película, pior guión (Ehren Kruger, Roberto Orci e Alex Kurtzman) e pior director (Michael Bay) de 2009.

No terreo das interpretacións secundárias tamén houbo algo para o cinema fantástico, e Sienna Miller, por G.I. Joe: The Rise of Cobra, foi a «galardoada». Land of the Lost, que partía con sete candidaturas, levou-se só a «frambuesa dorada» á pior secuela, precuela ou cópia descarada.

A fundación Golden Raspberry Award tamén anunciou as honras ao pior da década, e iso que ainda queda un ano por remata-la. Battlefield Earth, protagonizada por John Travolta, levou-se con xustiza o título da pior película, mentres que Eddie Murphy e Paris Hilton foron nomeados os piores actores.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário