Inicio » Cinema »

Weaving Cráneo Vermello?

 

Hugo Weaving (O Señor dos Anéis, V for Vendetta, Matrix) podería engadir un novo papel ao seu longo percorrido polo cinema fantástico e converter-se no malvado Cráneo Vermello en The First Avenger: Captain America, o filme que sobre o Capitán América prepara a Marvel Studios.

Nos cómics, Cráneo Vermello é a man dereita de Hitler e un as da espionaxe e da sabotaxe a princípios dos anos 40. Após dunha loita contra o Capitán, fica conxeado en animación suspendida e xunto a el, é revivido nos tempos actuais.

Joe Johnston, o director deste proxecto, traballou xa con Weaving até o mes pasado en The Wolfman. O actor, nacido en Nixéria no ano 1960, xa ten costume de traballar baixo unha máscara todo o tempo en V de Vendetta, o que o converte no home ideial para un papel que deberá poñe-lo baixo unha tonelada de maquillaxe e mesmo disimular todo o seu rostro coa axuda de efectos especiais.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário