Spielberg após Interstellar
O cambio do representante de Jonathan Nolan, guionista de O Cabaleiro Escuro ou O Prestíxio, está a se interpretar en diversos médios como un sinal de que Steven Spielberg podería elixi-lo a el para o seu seguinte proxecto.
Así, algúns médios informan que Nolan leva dous anos a traballar no guión de Interstellar, un filme de ciéncia-ficción escrito orixinalmente polo físico teórico Kip Thorne. Spielberg leva moito tempo atrás deste proxecto coa intención de dirixi-lo.
Agora que Nolan cambiou aos seus axentes, seica podería ser un movemento cara a permitir que este sexa o vindeiro proxecto coma director de Spielberg após de As Aventuras de Tintín: O segredo do Alicórnio.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.