Inicio » Cinema »

Remake de Plan 9?

 

Fasquía do sítio WebO pior filme de todos os tempos: así foi designada por diversas votacións, e acadou o seu intre de maior glória cando hai dez anos Tim Burton homenaxeouna na sua maxistral Ed Wood. É Plan 9 do espazo exterior, un dos cúmios do cinema de série Z, está por cumprir cincuenta anos e terá unha nova versión para celebra-lo.

Vampira, Bela Lugosi e o resto dos desafortunados actores que acompañaban ao director Ed Wood nos seus descabelados proxectos poderían ter sustitutos se, coma semella, o remake chega a se filmar.

O argumento da película é coñecido: uns alieníxenas veñen á Terra para, reanimando cadáveres, acabar cos humáns e apoderar-se do noso planeta. Pero a película é relembrada polos seus pésimos efectos especiais, horrorosas interpretacións e os diálogos sen sentido.

O director John Johnson, autor de Shadowhunters, amosou o seu entusiasmo por facer o remake, asegurando ademáis que o filme non será unha paródia, senón algo «realmente aterrador«. Para elo conta coas actuais tecnoloxías, o mesmo entusiasmo ca Wood e, por suposto, con millóns de fans do filme orixinal, convertido nun clásico de culto.

Máis información no sítio Web do filme.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário