Inicio » Fans »

Finou Robert Culp

 

O actor Robert Culp, coñecido entre os afeccionados polo seu papel do axente Maxwell na série de televisión O Grande Heroe Americano,  finou o pasado martes aos 79 anos de idade.

Culp ingresou no hospital Queen of Angels despois de bater a cabeza mentres paseaba preto do seu fogar en Los Angeles. O seu corpo foi atopado por un veciño que facía jogging e que chamou a urxéncias, pero xa foi tarde e a súa morte produciu-se pouco despois do ingreso. A investigación preliminar mantén que a morte foi accidental e que non hai sinais de violéncia no seu corpo.

Culp chegou a Hollywood a final da década de 1950 pero non foi até 1965 e 1968 cando acadou a fama grazas ao papel de Kelly Robinson en I Spy, unha série rodada en paraxes exóticas por todo o mundo a pola que recibiu catro candidaturas aos Emmy e unha aos Globos de Ouro.

En 1973 Culp case chegou a ser o principal protagonista da série de ciéncia-ficción Espazo 1999, pero durante as negociacións esixiu ser non só o protagonista, senón o director e produtor, polo que foi despedido. O seu papel foi para Martin Landau. E entre 1981 e 1983 coprotagonizou O Grande Heroe Americano no papel do axente do FBI Bill Maxwell, grazas ao cal se fixo un rostro popular en todo o mundo.

Outros papeis salientábeis no cinema de xénero foron os que fixo en filmes e séries de televisión coma Dead Zone, Conan, Lois & Clark, Greatest Heroes of the Bible ou The Outer Limits.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário