Inicio » TV »

Star Wars en comédia?

 

A Lucasfilm Animation está a desenvolver unha nova série para a televisión baseada no mundo da Guerra das Galáxias, pero cun «tón xoguetón e irreverente» que planea explorar mais os aspectos cómicos dos persoaxes de George Lucas, segundo o comunicado feito público onte pola produtora.

Os creadores da série de debuxos animados para adultos Robot Chicken, Seth Green e Matthew Senreich, xunto co guionista de The Daily Show, Brendan Hay, están xa vencellados creativamente a este proxecto, que tamén conta con Jennifer Hill (The Backyardigans) na produción e Todd Grimes (Back at the Barnyard) na dirección.

A Cartoon Network está a emitir na actualidade a série de debuxos animados xerados pro computador e enfocada mais aos nenos Star Wars: The Clone Wars, que é unha secuela da saga orixinal. Ainda non se sabe que canle podería ser a encargada de emitir a série agora en proxecto.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário