Inicio » Cinema »

Os barquiños ao cinema

 

Taylor Kitsch (X-Men Origins: Wolverine, The Covenant) será o protagonista do filme que transformará a popular liña de xoguetes da Hasbro Battleship nunha longametraxe de aventuras e acción para a Universal Pictures.

O xogo orixinal é un calco do popular xogo dos barquiños de toda a vida, así que o filme deberá ter algo mais que contar, polo que de feito o seu argumento vai sobre unha batalla naval xigantesca, que tamén ten acción no aire e en terra e que enfrontará ás forzas armadas do noso planeta contra unha armada alieníxena.

Kitsch interpreta a un comandante naval de «espíritu libre» chamado Alex Hopper que é moito mais un mariño ca un político. Jeremy Renner estivo anteriormente vencellado ao papel.

Jon e Erich Hoeber escribiron o guión. Peter Berg, que é produtor executivo na série Friday Night Lights na que aparece tamén Kitsch, é o director.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário