Inicio » Cinema »

Guionistas para He-Man

 

Mike Finch e Alex Litvak (Predators) serán os guionistas dunha nova adaptación ao cinema da clásica liña de xoguetes da Mattel e debuxos animados Os Masters do Universo para a Sony Pictures.

Tal e coma se agardaba o filme tratará sobre o príncipe guerreiro He-Man e as súas batallas contra o malvado Skeletor no máxico mundo de Etérnia.

A versión de Finch e Litvak tentará «pór equilíbrio a un tratamento que convenza aos estudos e manteña satisfeita á compañía xogueteira de que os seus persoaxes son tratados axeitadamente«, segundo a nota da produtora, na que participan Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch.

O último intento de poñer a He-Man na pantalla grande foi por parte da Warner Bros. Pictures en 2007 e pasou polas mans de moitos guionistas. Durante un tempo John Stevenson (Kung Fu Panda) estivo vencellado á dirección, pero finalmente a Mattel retomou os dereitos após de non ficar convencida do tratamento que a Warners pretendía dar-lle ao seu heroe.

A Fox 2000 tentou tamén facer unha versión coa dirección de John Woo en 2004 pero nunca pasou de ser un proxecto.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário