Inicio » Cinema »

Niccol o Mortal

 

O realizador de Gattaca e Lord of War, Andrew Niccol, escribirá e dirixirá o thriller de ciéncia-ficción I’m.Mortal, cuxos dereitos está a negociar a New Regency para lle adquirir á Strike Entertainment.

A história está ambientada nun futuro próximo, onde a ciéncia médica pode detér o proceso de envellecemento. Como resultado, o tempo converteu-se na nova moeda do mundo, xa que a xente rica é esencialmente inmortal.

A acción xira ao redor dun home pobre que hereda unha fortuna en tempo, per odemasiado tarde para poder evitar que a súa nai moribunda faleza. En pouco tempo acabará sendo investigado por unha forza policial corrupta coñecida coma «os gardiáns do tempo».

Marc Abraham e Eric Newman serán os produtores. A rodaxe dará comezo este verán en Los Angeles.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário