Inicio » Cinema »

Venres 13, asasinada

 

O produtor da Platinum Dunes Brad Fuller ven de confirmar que a secuela do filme Venres 13 do ano pasado foi esencialmente esquecido.

Ao respeito do seu estatus, Fuller mencionou na súa conta de Twitter sobre o proxecto que «está morto, non vai acontecer» e mais tarde comentou á prensa que «agora mesmo non hai nin o mais mínimo movemento para facer Venres 13 Segunda Parte«.

Os comentários veñen a lle botar un xerro de auga fría e desbotan por completo as novas que o ano pasado mencionaban que após do relanzamento da saga, que recadou uns aceptábeis 91 millóns de dólares en todo o mundo, podería haber unha segunda parte, para a que os voceiros da Platinum tiñan un guión preparado. Mesmo falába-se de agosto deste mesmo ano para o comezo da rodaxe que xa nunca se levará a cabo.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário