Inicio » Cinema »

Tim Burton quere a Johnny Depp

 

Tim BurtonExpectación en Hollywood: o último rumor nos estudos é que, na maré de adaptacións dos próximos meses, poderia atopar-se a de Dark Shadows, unha série televisiva dos anos sesenta sobre vampiros, meigas, monstros e pantasmas várias.

Ainda que xa semella confirmada a presenza de Johnny Depp no proxecto, o interese multiplicou-se ao se dar a coñecer que Tim Burton poderia sumar-se ao mesmo, como director da fita. John August, que participou no guión doutras fitas de Burton coma A noiva cadáver, Big Fish ou Charlie e a fábrica de chocolate, escribiria tamén este filme.

August está agora mesmo implicado na adaptación do cómic Shazam!, pero cando remate a preprodución estaria dispoñíbel para colaborar con Burton. Respecto a éste e Johnny Depp, Dark Shadows sería o seu sétimo proxecto común após filmes coma Sweeney Todd, A noiva cadáver, Charlie e a fábrica de chocolate, Sleepy Hollow, Ed Wood e Eduardo Manstesouras.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário