Inicio » Libros »

Orson Scott Card aldraxa a J.K. Rowling

 

Orson Scott CardO escritor Orson Scott Card, autor de obras mestras coma O Xogo de Ender, despachou-se a gosto na sua coluna semanal sobre a actitude da súa parceira de profisión J.K. Rowling. A autora da saga de Harry Potter logrou deter este ano a publicación de Lexicon, unha enciclopédia creada por un suposto fan sobre os nomes, feitizos e personaxes deste mundo máxico.

Mália que Steve Vander Ark, o autor da enciclopédia, afirmou que a creara polo amor que sente pola obra, Rowling xustificou a demanda alegando que sentía que as suas palabras foran roubadas. Para Scott Card isto foi a pinga que faltaba, porque «diaños, coido que o argumento de O Xogo de Ender foi roubado por J.K. Rowling«.

Scott Card apóñe-lle a Rowling non o feito de que a obra de Potter poida ter algunha inspiración na súa, se non que proteste polas influéncias doutros autores. Ademáis, lembra que ainda está por se resolver a demanda que ten aberta por parte de Nancy K. Stouffer, autora do libro A Lenda de Rah e os Muggles, protagonizada por un tal «Larry Potter».

Vander Ark sempre afirmou que Lexicon era unha obra de referéncia, non unha creación de seu, e que antes da publicación das novelas xurdiran escolmas semellantes que foran aceptadas de bo grao pola escritora inglesa, pois servian para publicitar os seus libros.

E por riba, a mesma Rowling afirmou en moitas ocasións que mentres escribia, acostumaba acceder a Webs de fans para resolver algunhas dúbidas sobre os próprios nomes que usou na saga e que mesmo o Lexicon estivo online durante vários anos antes de pasar a papel. Card remata dicindo: «A hipocresía de Rowling é tan espesa que me custa respirar«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário