Inicio » Libros »

Xa á venda En algún lugar de Orión

 

O que acontecería se unha mañán te ergueses e descobrises unha estraña tatuaxe na túa pel? E se durante várias semanas, o mesmo pesadelo se repetise noite tras noite? E se de súpeto o teu corpo fose capaz de se movr dun xeito case sobrenatural? Todo isto lle acontece a Nicole, unha rapaza que descubre que foi a elixida para ser unha Gardiá da Orde de Alnilam, unha das dez casas que forman a Unión de Orión.

Ela descubrirá unha realidad paralela á súa, onde duas organizacións levaron a inimizade xurdida entre o xigante grego Orión e mais o seu asasino Scorpio, durante mais de dous mil anos. Para guia-la na sua aprendizaxe, estará Gabriela, unha Gardiá entregada á sua Orde que descubrirá que a liña que separa o ódio e o amor pode ser demasiado fina se o destino é quen move os fíos da lóxica.

Este é o argumento da triloxía Los Hijos de Gea, da autora ourensá Natalia Corbillón, quen ven de nos confirmr que xa está á venda nas librarías e centros comerciáis a edición nova do primeiro volume En algún lugar de Orión baixo a editorial Educando, que é dona agora da publicación da triloxía.

Tanto na súa web coma no site que subiron adicado en exclusiva á triloxía póde-se atopar toda a información e material gratuíto a disposición dos lectores, coma o primeiro capítulo.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

1 comentário

  1. Lorena di:

    Me he leído el primer capítulo y me ha encantadooo!! Así que me lo compro seguro en cuanto esté en las librerías. Va ser mi libro para mayo :-)
    Gracias!

 
 

Escribe o teu comentário