Inicio » Libros »

O Prémio Arthur C. Clarke para China

 

O pasado día 29 anunciou-se o nome do gañador do prémio Arthur C. Clarke que foi para a novela The City & The City de China Miéville, quen se convirte asemade no primeiro autor en gañar este prestixioso galardón por terceira vez. Miéville recebirá unha placa e mais un cheque de 2.010 libras inglesas. Entre os finalistas estaban obras de Gwyneth Jones, Adam Roberts, Kim Stanley Robinson, Marcel Theroux e Chris Wooding.

Miéville afirmou que estaba «absolutamente abraiado» e «incríbelmente honrado» de gañar o prémio, creado polo defunto Clarke para axudar a promocionar a ciéncia-ficción en Inglaterra. «É moi distinto dos meus outros libros«, dixo Miéville, cuxas obras A estación da rúa Perdido e O consello de ferro gañaron o prémio con anterioridade. «Foi escrito co principal obxectivo de ser fiel ás obras de intriga. Os lectores do xénero policiaco rexeitan que un libro faga trampas, e eu queria escribir unha obra que non enganase, que fose leal ás regras e iso é o que atoparás ainda que nunca leras ren fantástico«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário