Inicio » Cinema »

Inception ten argumento

 

Alarmada polo escaso interese que está a espertar o seu filme estrela para esta tempada, a Warner Bros. Pictures ven de publicar por fin unha sinopse oficial sobre a moi agardada vindeira produción de Christopher Nolan, o misterioso thriller Inception, sobre cuxo argumento até de agora o seu director negára-se a dar detalles.

Segundo a nota de prensa, o filme será unha película de ciéncia-ficción e acción que «viaxa por todo o mundo e no íntimo e infinito mundo dos soños«.

Dom Cobb (Leonardo DiCaprio) é o millor ladrón do mundo, adicado a roubar os segredos mais valiosos do subconsciente da xente mentres durme, cando a mente é mais vulnerábel. A súa rara habilidade convérte-o nun importante xogador nun escanário de espionaxe corporativa, pero tamén nun fuxitivo internacional que debe abandoar todo o que ama.

Agora ofrécen-lle a Cobb unha oportunidade de se redimir. Un derradeiro traballo que lle pode devolver a súa vida, sempre que poida levar a cabo a incepción imposíbel. No canto do golpe perfecto, Cobb e mais o seu equipo de especialistas deberán facer o contrário: a súa misión non será roubar unha ideia, senón plantar unha. Se teñen éxito, sería o crime perfecto. Pero nada pode prepara-los para o que lles agarda, e deberán enfrontar-se ao mais poderoso inimigo que nunca viron.

Agárda-se que o filme chegue ás pantallas o 16 de xullo. Marion Cotillard, Cillian Murphy, Ellen Page, Joseph Gordon-Levitt, Ken Watanabe, Tom Hardy e Michael Caine son os outros protagonistas.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário