Inicio » Cinema »

Bruce Willis ao corredor da morte

 

Bruce WillisBruce Willis está en negociacións para protagonizar o filme da Lionsgate Kane & Lynch, a adaptación dun videoxogo que o veterán coordinador de dobres e director de segunda unidade Simon Crane realizará.

O xogo vai sobre Kane (Willis), un preso no corredor da morte que, xunto cun asasino esquizofrénico chamado Lynch, é recrutado pola antiga equipa de Kane para que poida facer-se cunha fortuna roubada. Kane viaxa a Los Angeles, Xapón e Cuba, con Lynch actuando coma o vixiante da equipa para salvar á súa mulelr e á súa filla.

O videoxogo fora desenvolvido pola IO Interactive e publicado por Eidor Interactive. Kyle Ward escribiu o guión.

O filme ten previsto comezar a súa rodaxe en outono, e agora están á procura dun actor que interprete a Lynch.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

, ,

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário