O vento volve soprar
A RG Entertainment está a desenvolver unha nova longametraxe baseada no clásico da literatura infantil de Kenneth Grahame de 1908 O Vento nos Salgueiros.
O filme conta cun orzamento de 30 millóns de dólares e misturará acción real con efecto xerados por computador fornecidos pola compañía de Peter Jackson, a WETA, para poder interpretar ao Rato, á Toupeira, o Sapo, o Texugo e tantos outros persoaxes que habitan o Bosque Salvaxe.
Ray Griggs será o director a partir dun guión de Bill Marsilii. A rodaxe escomezará este outono en Nova Celándia e ten prevista a estrea en 2012
O Vento nos Salgueiros foi xa adaptado moitas veces antes á televisión e mais ao cinema. Entre as últimas veces están a longametraxe de Ranknin e Bass de 1987 de debuxos animados, a adaptación que fixeron os Monty Python en 1996 e mais unha película para a televisión eitida pola BBC en 2006.
En 2003 Guillermo del Toro traballou durante un tempo nunha adaptación para a Disney, que misturaría acción real con imaxes xeradas por computador, pero abandoou o proxecto cando, segundo as súas própias palabras, un executivo lle dixo que tiña que lle fornecer ao Sapo cun skateboard.
Nombergantes, a versión mais fiel segue a ser a série para a televisión rodada en stop-motion e que se emitiu dende 1984 a 1990.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.