Inicio » Cinema »

Skarsgard e os barquiños

 

O intérprete da série de televisión True Blood Alexander Skarsgard ven de asinar o contrato polo que se compromete a protagonizar o vindeiro thriller de acción naval de Peter Berg Battleship na Universal Pictures.

Baseado no clásico xogo dos barquiños convertido en xogo de mesa pola empresa Hasbro, a história vai sobre una xigantesca aventura naval polos océanos da Terra, onde barcos, avións e soldados loitan para defenderen o noso planeta dunha invasión extra-terrestre.

Taylor Kitsch (Wolverine) será Alex, o comandante naval das forzas humanas, un espírito libre que é mais un mariño ca un político. Skarsgard será o irmán de Alex, un duro oficial da Mariña ao que o seu irman ten coma un ídolo.

Jon e Erich Hoeber escribiron o guión desta película, mentres que Peter Berg (Hancock, The Kingdom) será o director. A rodaxe escomezará o vindeiro 30 de agosto en Hawaii.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário