Inicio » Cinema »

Volve Walter Mitty

 

Gore Verbinski (Piratas do Caribe) será o director dun proxecto que leva moito tempo en xestación: o remake da clásica comédia fantástica da 20th Century Fox A vida secreta de Walter Mitty.

A história vai sobre un home moi soñador cuxa vívida imaxinación permíte-lle escapar das obrigas mundanas da súa vida ordinária.

Steve Conrad (The Pursuit of Happyness, The Weather Man) foi contratado para escribir un novo guión o pasado mes de abril. Verbinski utilizará ese guión coma base para o filme, cuxa rodaxe escomezará a vindeira primavera. Ainda non está claro se Mike Myers ou Sacha Baron Cohen están vencellados ao proxecto coma protagonistas.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário