Inicio » Cinema »

Así será It

 

Nunha moi recente entrevista coa prensa o guionista David Kajganich falou sobre os progresos dos seus traballos actuais: as adaptacións ao cinema das clásicas novelas do rei do terror Stephen King It e Pet Semetery.

Kajganich revelou que xa lle entregara un primeiro esbozo do guión de Pet Semetery á Paramount Pictures só uns días antes de que fose sustutuido o responsábel dos estudos. En consecuéncia, agora hai un novo executivo ao cargo deste proxecto e quere facer unha chea de cámbios para facer que o filme semelle «máis dirixido aos xóvenes».

Kajganich continuou traballando pero sen recebir mais novas e o proxecto ficou suspendido até que hai tan só uns días o produtor Lorenzo Di Bonaventura e mais o guionista Matt Greenberg chegaron a bordo.

Para It, o principal desafío é condensar o libro nunha soa longametraxe: «Estou a descubrir de cantos xeitos podo facer que certas escenas sexan redundantes profundizando e dobrando outras. Para min, este é un proceso interesante porque ten o efecto de intensificar teatralmente o conxunto, pero pode conducir a sorpresas dramáticas» dixo Kajganich.

Pero o terror do libro manterá-se: «dixen aos estudos dende o princípio que sentía a necesidade de poder escribir un filme para maiores de 18 anos, porque quería ser tan franco coma a novela sobre as cousas terríbeis que os persoaxes pasan sendo nenos. E estiveron de acordo«.

E como van as cousas agora mesmo? «Ainda estamos moi dentro da fase de desenvolvemento. Polo de agora só direi que estamos no médio de dúas fases«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário