As Sete Marabillas
Atom Egoyan escribirá o guión e será o director de Seven Wonders, un filme sobre un triángulo amoroso que misturará realidade de fantasía.
O proxecto vai sobre unha muller chamada Pandora que, após do fracaso da súa relación, ve-se mergullada noutra relación entre unha directora comercial e mais o seu mozo, seguindo á directora mentres roda anúncios das Sete Marabillas do Mundo. As dúas mulleres coñécen-se online, chegando á ambigüidade no senso de que non se saberá se algunhas das interacións acontecen na realidade ou na imaxinación de Pandora.
«É unha história íntima que só pode desenvolver-se nun lenzo grande«, dixo Egoyan á prensa. «As Sete marabillas son un escape da nosa vida, lugares onde podemos crér nalgo máis grande«.
O director producirá o filme a través da súa empresa afincada en Toronto, a Ego Film Arts.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.