Inicio » Cinema »

Thor e o Capi en 3D

 

Nun longo artigo publicado hai uns días no xornal americano Los Angeles Times, a Marvel Studios ven de confirmar que tanto Thor coma O Capitán América, os seus dous vindeiros filmes de superheroes, serán convertidos ao formato 3D e estrados deste xeito.

Tal e coma se dixera anteriormente, Thor está-se a rodar en 2D e será convertido a 3D con posterioridade. No artigo, a Marvel confirmou que o director de Capitán América, Joe Johnston, fixo algunhasprobas con cámaras en 3D para rodar directamente o filme con este formato, pero tras declarar que o proceso foi «un pesadelo«, a Marvel decidiu que este filme tamén se rodaría íntegramente en 2D e sería convertido a 3D mais tarde.

Tanto Johnston, coma o director de Thor Kenneth Branagh e mais o voceiro da Marvel Kevin Feige recoñeceron que hai un estigma negativo contra o cinema «reconvertido» a 3D: «Diría que non hai un grande sentimento a prol da conversión, baseada en filmes que tiveron éxito financeiro pero que foron atacados artísticamente», comentou Feige, quen engadiu que «adicará-se unha cantidade de tempo sen precedentes ao proceso de conversión«, e que os efectos especiais para ambos os dous filmes foron concebidos dende o princípio en 3D. As «cidadelas de Asgard» especialmente préstan-se á dimensión extra.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário