Inicio » Cinema »

Axudiña da Píxar en Tron

 

O director de Os Incríbeis, Brad Bird, e mais o guionista de Toy Story 3, Michael Arndt, axudaron a reescribir e a engadir algúns trocos no guión e en novas escenas de Tron: Legacy para a Disney Pictures.

O director Joseph Kosinski amosou unha primeira versión do seu filme á Pixar en marzo, após do cal a Disney contratou á parella para que adaptaran o argumento xunto aos guionistas orixinais, Edward Kitsis e Adam Horowitz, e que se fixeran ou rodaran outra vez algunhas escenas, cousa que se fixo ao longo de seis días o mes pasado, para axudar a elevar elementos emocionais e de persoaxes na história.

Sean Bailey, antigo produtor do proxecto que o deixou hai uns meses para se converter no presidente de produción da Disney, dixo que «Tron: Legacy é sobre todo a visión de Joseph Kosinski… eu daría a Joe e á equipa de rodaxe un crédito inmenso, todo isto naceu porque queremos dar-lle aos fans o millor filme que poidamos. Fomos moi afortunados de que a Pixar quixera tomar parte niso«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário