Inicio » Cinema »

As pantasmas de Del Toro

 

Ao peche da mesa redonda adicada ao filme Tron Legacy onte na Comic Con de San Diego, o moderador Patton Oswalt fixo o anúncio sorpresa de que a Walt Disney Studios estiveron a desenvolver unha adaptación ao cinema da atración The Haunted Mansion, que se pdoe atopar no seu parque temático.

A resposta do público foi confusa e tíbia, xa que todos recordan a desastrosa anterior adaptación dos estudos en 2003, convertida nunha comédia familiar protagonziada por Eddie Murphy. De seguido emitiu-se un teaser animado de promoción gráfica coa voz de fondo de Ian McShane presentando ao director da nova versión: Guillermo del Toro.

E cando del Toro entrou no escenário, o que fora unha resposta silenciosa do público até daquela, converteu-se nun estrondoso aplauso dos mais de 6.500 espectadores que asistiron á xuntanza. Posteriormente houbo unha sesión de preguntas na que Del Toro dixo que a súa intención non era facer unha comédia, senón un filme de medo, pero divertido.

Del Toro é infexíbel na súa determinación de que o filme debe manter a imaxinaría escura da atracción do parque e que debe asustar aos mais pequenos. Tamén confirmou que o persoaxe de Hatbox Ghost da atracción será un persoaxe principal no filme.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário