James Wan (Saw, Death Sentence) dirixirá a adaptación ao cinema da novela gráfica Nightfall na Platinum Studios e mais a Aurora Productions. O cómic orixinal de Scott O. Brown vai sobre un home condeado a unha prisión governada polos vampiros.
Ghost Rider: Spirit of Vengeance, a segunda parte do filme sobre o motorista pantasma estreado o ano pasado, rodará-se en 3D e comezaráa súa produción en Roménia este outono. A equipa formada por Mark Neveldine e Brian Taylor están encargados do guión e da dirección. Nicolas Cage repite no seu papel, que esta vez deberá enfrontar-se ao mesmo Drácula.
O veterán e prestixioso director Barry Levinson (You Don't Know Jack, Wag the Dog) semella estar vencellado para se poñer á fronte do thriller de ciéncia-ficción independente Isopod. Os detalles sobre o argumento polo de agora están sen desvelar, pero a rodaxe dará comezo axiña nas paradisíacas illas Carolinas no Pacífico Sul a partir do mes que ven.