A prensa sensacionalista inglesa afirma que o actor Martin Freeman (The Office (UK), Love Actually) ven de dicir non a unha oferta para interpretar a Bilbo Bolseiro na vindeira adaptación ao cinema da novela O Hobbit, e que preferiu facer do Doutor Watson na série de televisión que a BBS está a emitir sobre Sherlock Holmes con grande éxito.
James Wan (Saw, Death Sentence) dirixirá a adaptación ao cinema da novela gráfica Nightfall na Platinum Studios e mais a Aurora Productions. O cómic orixinal de Scott O. Brown vai sobre un home condeado a unha prisión governada polos vampiros.
Ghost Rider: Spirit of Vengeance, a segunda parte do filme sobre o motorista pantasma estreado o ano pasado, rodará-se en 3D e comezaráa súa produción en Roménia este outono. A equipa formada por Mark Neveldine e Brian Taylor están encargados do guión e da dirección. Nicolas Cage repite no seu papel, que esta vez deberá enfrontar-se ao mesmo Drácula.